lunes, 15 de febrero de 2016

Entroido 2016

O éxito foi total. E así queremos agradecer a todos e todas as implicadas por facelo posible, e as familias por disfrutalo tanto. Mostrámosvos o vídeo

Entroido 2016 from CEIP PLURILINGÜE SAN MIGUEL on Vimeo.

RCP na aula



O pasado 11 e 15 de xaneiro tivemos no cole unha visita moi especial. Bibiana Basadre e José Ángel Fernández, médico e DUE do 061 acompañáronnos nun par de sesións

Na primeira os profesores do centro e algún persoal do Concello de Paradela aprendimos nocións de reanimación cardiopulmonar e o uso de desfibrilador, así como a aclarar todas as dúbidas que en materia de primeiros auxilios e soporte vital básico que puideran agromar.
Na segunda, a clase dos maiores fixeron un pouco o que os profes días antes e aprenderon os pasos máis importantes en caso de ter que pedir axuda.

O 061 é unha fundación pública sen ánimo de lucro, premiada a nivel europeo en materia de salvamento e soporte vital avanzado. Dispón dos mellores profesionais neste eido, entre os cales dous deles tiveron a ben pasar un tempo con nós, sorprendéndonos co abraiante que é o seu traballo.

Quédavos un video para que vexades canto aprendemos.